CRTVG

Buscar

Só en Madrid a policía interveu en 350 celebracións de fin de semana

Publicado o 14/12/2020 14:25

Esta fin de semana as forzas de seguridade tiveron un traballo intenso porque a xente segue incumprindo a normativa. 

En San Sebastián, a Ertzaintza disolveu un botellón. Ningún dos mozos cumpría a normativa sanitaria. Guindaron obxectos contra os axentes, que tamén recibiron insultos. O enfrontamento saldouse cun detido e un imputado.

Nin distancia, nin máscara, nin ningunha outra medida fronte ao coronavirus. Así estaban tamén as 300 persoas que participaban nunha voda ilegal en Sevilla, nun bloque de edificios, e que a policía desaloxou sen altercados.

Só en Madrid a policía interveu 350 celebracións na fin de semana. As autoridades chaman a non baixar a garda.

"Temos a vacina cerca como para evitar dar calquera paso en falso, calquera retroceso, non o podemos permitir", di José Luis Martínez-Almeida, alcalde de Madrid.

Unha fin de semana en que tamén se repetiron escenas de aglomeracións nas principais zonas comerciais dalgunhas cidades.

Noticias web

14/12/2020