CRTVG

Buscar

Só 20 millóns de estranxeiros visitaron España en 2020, fronte aos 80 millóns do ano anterior

Publicado o 02/02/2021 17:05
Só 20 millóns de estranxeiros visitaron España en 2020, fronte aos 80 millóns do ano anterior

As restricións de movementos deixan datos no sector turístico que non se rexistraban dende os anos 70. O número de turistas estranxeiros que visitaron o país en 2020 apenas chegou aos 20 millóns, lonxe dos case 84 millóns que viaxaron o ano anterior.

Os datos que vai presentar mañá o INE tamén confirmarán a caída do gasto turístico aparellado a este descenso. Dende os 92 millóns de euros que deixaron os turistas en 2019, aos 20.000 millóns que estiman as empresas do sector.

Noticias web

02/02/2021