CRTVG

Buscar

Smolov, o dianteiro que ansiaba o Celta

Publicado o 30/01/2020 20:51

• Chega cedido polo Locomotiv de Moscova

O ansiado dianteiro que pedía Óscar García xa está aquí. Nas vindeiras horas chegará a Vigo Fedor Smolov.
Hai uns minutos o Celta fixo oficial a cesión do xogador procedente do Locomotiv de Moscova. Leva 3 goles en 14 partidos esta temporada. Pero nos últimos catro anos anotou case 60 goles. Smolov demostrou ser un dos xogadores máis importantes da selección rusa. No pasado mundial foi absolutamente indiscutible tras a lesión de Kokorin. En Rusia téñeno absolutamente idolatrado. Veremos como se adapta á liga española.

Noticias web

30/01/2020