CRTVG

Buscar

Situación crítica nas funerarias de Madrid

Publicado o 23/03/2020 16:48

En Madrid a situación é máis crítica. A funeraria municipal deixa de recoller a partir de mañá falecidos por coronavirus pola falta de equipos de protección.​ O alcalde da cidade enviou unha carta ao ministro de Sanidade para solicitarlle de xeito urxente a subministración do material de protección necesario para poder enterrar ou incinerar os mortos por coronavirus. O Concello di que toma esta medida ante unha situación límite.

José Luis Martínez-Almeida, alcalde de Madrid, di que os recursos dos cemiterios  municipais están "ao límite" e que non poden seguir enterrando "nesas condicións". "Estou seguro de que conseguiremos o material necesario para poder reabrir o antes posible", engade Martínez-Almeida.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/03/2020