Siro, premio José Luis Alvite
Siro, o veterano humorista gráfico e columnista, acaba de recoller na Coruña o premio xornalístico José Luís Alvite. Recibiuno de mans do presidente da Xunta e da presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia. O acto, con restricción de aforo, xa tivera que ser suspendio en maio pola pandemia. O premiado desvelou que a súa decisión de pasar ao xornalismo profesional tomouna cando xa tiña 42 anos e a vida profesional encamiñada como oficinista de Bazán.
"Porén, debo dicir que foi a única vez na miña vida que cando me atopei nunha encrucillada, elixín ben e acertei de cheo. Fun feliz nos 21 anos que pasei en La Voz facendo prensa,radio e televisión. Cheguei ao xornalismo cando aínda era o gran xornalismo e vivín experiencias inesquecibles", di Siro López, galardoado co premio José Luis Alvite.