CRTVG

Buscar

Sindicatos e patronal inician negociacións pola súa banda ante a ausencia de goberno

Publicado o 29/07/2019 14:40

Con esta situación de bloqueo político, sindicatos e empresarios comezaron a negociar pola súa conta os cambios que consideran máis urxentes no mercado laboral. Os axentes sociais asumiron a negociación en catro áreas. Estas reformas fóronse pospoñendo orzamento tras orzamento e tanto sindicatos como patronal consideran que non poden agardar máis polos políticos.

Os presupostos actuais, unha prórroga dos últimos aprobados polo PP, xa van camiño de ser os máis lonxevos da historia. As xuntanzas continuarán en setembro, haxa goberno ou eleccións.

Noticias web

29/07/2019