CRTVG

Buscar

Sindicatos e patronal avogan polo diálogo social para desenvolver os acordos do pacto de Goberno

Publicado o 08/01/2020 15:15

Un dos grandes retos económicos do novo Goberno é sacar adiante os orzamentos. Tamén a posta en marcha das medidas que acordaron nos pactos de investidura. Sindicatos e patronal avogan polo diálogo social. 

Entre os acordos que propiciaron o pacto do novo Goberno de coalición está a derrogación da reforma laboral, a suba do salario mínimo ata os 1.200 euros e a revalorización das pensións. O secretario xeral de CCOO Galicia Ramón Sarmiento di que o executivo "debe de poñer a desigualdade na nosa sociedade como un dos piares que mobilice a acción de Goberno e as políticas públicas"

Son medidas que aplauden os sindicatos, partidarios de abrir canto antes un marco de diálogo social. A patronal tende a man. Pide consenso e rematar cos decretos. O presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiro, recoñece que "é verdade que algúns dos anuncios que se están facendo trasladan preocupación aos empresarios. Cremos que é fundamental o consenso coas organizacións empresariais". 

Sindicatos e patronal coinciden en clave galega. Urxen do Goberno unha tarifa eléctrica competitiva. Os empresarios piden "unha regulación inmediata, un regulamento para as industrias electrointensivas". Os sindicatos reclaman que se concrete "cal vai ser o marco normativo de axudas que vai ter ese sector para dispoñer dunha tarifa eléctrica competitiva?

A rebaixa das peaxes é outra das demandas para o novo Goberno.

Noticias web

08/01/2020