CRTVG

Buscar

Sinais nas estradas de Guitiriz contra as agresións sexistas

Publicado o 08/03/2021 20:03

É a mensaxe que podemos atopar cando chegamos a Guitiriz. A través dos sinais de tráfico preténdese concienciar da importancia de erradicar a eiva das agresións sexistas. Unha iniciativa con boa acollida veciñal neste atípico Día da Muller.

Estes sinais, instalados nos principais accesos da vila, forman parte dunha campaña ao abeiro do pacto de Estado contra a violencia de xénero. En Guitiriz tiveron claro que poden ser un bo instrumento de concienciación.

A falta de grandes mobilizacións pola pandemia, facer chegar mensaxes a través das canles máis diversas é o mellor xeito de manter vivo o espírito do 8 de marzo.

 

Noticias web

08/03/2021