CRTVG

Buscar

Sinaí Gimenez ingresa na prisión do Pereiro de Aguiar por ameazar de morte un vendedor ambulante

Publicado o 27/07/2019 11:09

Sinaí Gimenez pasou a súa primeira noite en prisión. Ingresou onte a última hora da tarde no cárcere do Pereiro de Aguiar. Fora concenado a catro anos de cárcere por unha malleira que lle dera a varios membros do clan dos zamoranos, pero o seu avogado fixo todo o que puido para conseguir o indulto. Ese indulto non chegou e os seus letrados non puideron evitar o ingreso en prisión.

O rei dos xitanos está nestes momentos entre reixas. Ten que crumprir dous anos e nove meses que lle impuxeron por ameazar de morte un vendedor ambulante. Giménez enfrontaráse proximamente a tres xuízos máis por presuntas lesións, extorsión e narcotráfico.

Noticias web

27/07/2019