CRTVG

Buscar

Detido un piloto galego de karting en relación co narcosubmarino

Publicado o 20/02/2020 21:00

Sétimo detido pola súa implicación co alixo de droga que transportaba o submarino interceptado nas costas de Aldán en decembro do ano pasado.

Trátase dun galego, piloto de karting, que xestiona un circuíto en Lleida. A policía sospeita que puido axudar os tripulantes da nave.

Foi o primeiro narcosubmarino interceptado nas costas galegas, transportaba 3.050 quilos de cocaína que pretendían introducir en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2020