Sete persoas infectadas nun novo gromo de coronovirus detectado no Páramo
Publicado o 29/08/2020 18:23

Das sete persoas que deron positivo no concello lugués do Páramo, catro son membros dunha mesma familia e as tres restantes son veciños cos que tiveron contacto.
As dúas traballadoras de servicios de axuda no fogar que atenderon os afectados a raíz deste gromo deron negativo nas probas de PCR, das que xa se realizaron máis dunha vintena entre o vecindario.