CRTVG

Buscar

Sete artistas representan a cor do verán na Galería Luísa Pita de Santiago

Publicado o 03/08/2020 14:53

No escaparate un cadro de Quintana Martelo realizado no confinamento convida a gozar da cor do verán. Sete artistas mostran fotografías, esculturas, pinturas ou teas na galería Luísa Pita de Santiago.

Outra galega, Menchu Lamas, desprega a súa fantasía cromática. No polo oposto, o fotógrafo Juan Adrio amosa este clarescuro seleccionado para Photoespaña. Hai esculturas con teas de material de eucalipto de Mercedes Vicente. Distintas perspectivas para unha estación luminosa.

Algunhas obras xa teñen historia, o surafricano Pierre Louis Geldenhuys construíu estas estruturas coa técnica de origami en tea despois de padecer a covid.

Felipe Perez Regalado convídanos a admirar unha inquietante natureza decadente e María José Galardo móstranos unha imaxe nocturna con ovnis e morcegos na súa particular visión do santuario de Montserrat. Sete propostas para deixarse cativar polas cores do verán.


 

Noticias web

03/08/2020