CRTVG

Buscar

Sanidade fará 60.000 tests á poboación para coñecer o alcance da pandemia en España

Publicado o 08/04/2020 08:22
 

España quere saber o grao de expansión do coronavirus no noso país e por iso durante tres semanas farase un estudo estatístico para coñecer cantas persoas pasaron xa a COVID-19. Os datos servirán ademais para planificar a diminución das medidas de confinamento.

Mediante unha mostra de sesenta mil persoas, ás que se lle farán as probas da COVID-19, o Goberno quere saber cantos cidadáns en España teñen ou xa pasaron a doenza. "É un estudo que imos comezar a realizar a semana que vén, que vai ter un período de execución de tres semanas, vainos permitir ver o grao de expansión do virus na sociedade española", explicaba Salvador Illa, ministro de Sanidade.

Os tests medirán o nivel de anticorpos deste coronavirus que teñen os pacientes, é dicir, cantos son inmunes a esta altura á COVID-19. O estudo de seroprevalencia relizarase en dúas fases de trinta mil persoas cada unha. Raquel Yotti, responsable do Instituto de Saúde Carlos III, dirixirá este traballo que se realiza en colaboración co Instituto Nacional de Estatística. A partir destes resultados, comezaríase a tomar decisións para relaxar as medidas de confinamento derivadas do estado de alarma.

Noticias web

08/04/2020