CRTVG

Buscar

Serrano, de baixa tras as críticas á sentenza da Manada

Publicado o 26/06/2019 18:48
Serrano, de baixa tras as críticas á sentenza da Manada

Serrano colle unha baixa médica. Di que é polas críticas ao seu comentario sobre a sentenza da Manada.

O presidente do grupo parlamentario de Vox en Andalucía, Francisco Serrano, colle unha baixa médica polo "linchamento" que, di, está sufrindo polo seu comentario en Facebook sobre a sentenza da Manada e da que dicía que "se unha muller di si, pero posteriormente di non, o denunciado será condenado a prisión por violación".

Serrano asegura que el non escribiu esas palabras e que o autor foi un colaborador. O grupo parlamentario de Vox cualifica de desafortunados tanto o comentario como a explicación dada por Serrano e advírtelle que o partido podería tomar medidas contra el se non respecta a postura oficial da formación, que é o respecto ás resolucións xudiciais.

Noticias web

26/06/2019