CRTVG

Buscar

Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento

Publicado o 05/07/2020 21:15

O protocolo da Xunta, publicado no DOG, establece unha serie de restricións no distrito sanitario da Mariña para os vindeiros cinco días. Entran en vigor na medianoite do domingo.

Non se poderá entrar nin saír da comarca salvo por motivos laborais ou por causa de forza maior.
Sempre que se saia da casa terase que levar máscara en todo momento, tanto en espazos pechados coma ao aire libre.

Aumenta a distancia de seguridade entre as persoas nas praias. Haberá que levar máscara incluso en areais e piscinas. Quedan prohibidas as reunións de máis de dez persoas que non sexan conviventes

Redúcese o límite de ocupación dos establecementos hostaleiros ao 50%. Permanecerán pechados os locais de ocio nocturno. Nos establecementos hostaleiros teñen que ter desaloxados os clientes ás doce da noite. Será obrigatorio o uso das máscaras, só se poderá quitar para consumir.

A afluencia nas feiras redúcese ao 50%. Tamén en teatros, auditorios e centros de ocio infantil.

Redúcese o número de asistentes permitidos nos tanatorios: 25 personas ao aire libre, 10 en lugares pechados.

 

Noticias web

05/07/2020