CRTVG

Buscar

Sen rastro do mariñeiro desaparecido en Ons

Publicado o 13/02/2020 20:59


Consternación e tristeza entre os compañeiros de Iván Otero tras rematar a terceira xornada de busca sen éxito. Navalleiros da Illa e de Ribeira non dubidaron en somerxerse na súa procura. O operativo, coordinado por Salvamento Marítimo, ampliou a área de rastrexo dende Fisterra, pasando por Carnota, Muros e Ribeira, ata o norte da Illa de Arousa.


Por aire estivo o helicóptero da Garda Civil, e o Pesca 1 relevouno pola tarde. Por mar, o remolcador Sar Gavia e a lancha de Salvamento Salvamar Sargadelos mais as dúas embarcacións de Gardacostas, ademais de catro mergulladores da Garda Civil. Por terra traballaron as agrupacións de Protección Civil de Muros, Sanxenxo e O Grove para rastrexar os cantís e o litoral entre Muros e A Lanzada.

Mantíñase a esperanza de que coa mellora das condicións da mar o operativo dese algún resultado, pero non foi así. O operativo reiniciarase este venres con menos intensidade.

Noticias web

13/02/2020