CRTVG

Buscar

Sen os magostos de sempre, cestas a domicilio

Publicado o 10/11/2020 13:35

A véspera do San Martiño, un ano normal, a praza de abastos de Ourense estaría ateigada. Sen poder festexar coa familia e os amigos, pola prohibición de xuntarse, a festa do magosto non é o mesmo.

Para tornar a nostalxia de tempos mellores, sobre todo a dos que polas restricións de mobilidade non poden nin vir a Ourense, toca reinventarse, outra palabra de moda neste 2020. 

Ducias de cestas de Nadal viaxan todos os días, principalmente para os galegos que viven nas grandes cidades. E coa esperanza posta no vindeiro ano, agardando poder celebrar o magosto de sempre.

 

Noticias web

10/11/2020