CRTVG

Buscar

Sen novidades das 3 persoas desaparecidas en Galicia nas últimas semanas

Publicado o 06/03/2020 11:38

A familia de Nerea Añel, a moza ourensá de 26 anos desaparecida desde o 5 de febreiro, difundiu esta semana unha foto sua actualizada. A moza foi vista por última vez o 20 de xaneiro no barrio de Covadonga, unha zona marxinal de Ourense, e que ía acompañada dun home. A familia teme que esté retida contra a sua vontade. Mentres, a Policía segue indagando sobre os seus pasos e un dos lugares onde rastrexaron foi a contorna dun motel en BArbadás, onde atoparon algunha pista sobre ela.

O mar levou o 24 de febreiro a Jorge Emilio Martín Costas, o patrón do pesqueiro Marsua de Baiona, que naufragou preto das Cíes. Un accidente en que faleceu o outro tripulante que o acompañaba, Xosé Manuel Freire Leyenda. Embarcacións da confraría de Baiona e medios de Salvamento Marítimo participaron na busca, pero estes dias por mor do mal estado do mar non puideron sair. Onte cumpríronse os 9 días en que se estima que un corpo afundido aboia e confían en que o mar devolva o seu corpo canto antes.

Un gran dispositivo de busca é o que está organizando para mañá o concello de Boimorto para intentar localizar a Manuel Fandiño, un veciño da vila de 82 anos que desapareceu o sábado. Para iso fixo un chamamento á veciñanza e está artellando un operativo en que participarán a Garda Civil, drons da Axencia Galega de Emerxencias e cans rastrexadores do club Só lles falta falar. Reuniránse mañá ás 9 da mañá no Campo do Rosario e desde alí peitearán 4 parroquias onde sospeitan que podería estar Manuel.

Noticias web

06/03/2020