CRTVG

Buscar

O temporal deixa un rastro de estragos por todo o país

Publicado o 24/12/2019 08:48

Son menos os fogares galegos que aínda permanecen sen luz. Naturgy, a principal subministradora, asegura que todos os seus clientes recuperaron o servizo.

Non obstante, máis alá diso, os estragos déixanse ver en todo o país. Alá onde os ríos comezan a volver ao seu leito vense os danos que ocasionaron.

Na Limia dan por perdida a colleita de ceral de inverno

Dúas mil hectáreas de terreos agrícolas totalmente anegadas. Ese é o balance que deixa na comarca da Limia a última sucesión de borrascas e temporais que afectaron Galicia. Dan por perdida a colleita do cereal de inverno. Coidan que aínda é cedo para facer unha avaliación exacta das perdas, pero calculan que podería rozar o millón de euros. 

O temporal tamén deixou pegada no cemiterio de Santo Ourente, en Outes, onde arrincou unha oliveira de máis de 200 anos. A árbore danou varias sepulturas e desfixo o cruceiro central do camposanto, datado do século XIX. Desde a parroquia piden axuda para retirar a oliveira e que Patrimonio se faga cargo da restauración do cruceiro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019