CRTVG

Buscar

Sen danos persoais no incendio dun silo de serraduras en Teo

Publicado o 04/07/2020 09:54

O incendio nun serradoiro mantivo en alerta os veciños de Teo, preto de Santiago. O lume comezou contra as oito da tarde deste venres por causas que se descoñecen nun silo desta fábrica de madeira, onde almacenaban serraduras. Por fortuna, non houbo danos persoais, pero os efectivos antiincendios tardaron unhas cinco horas en dar por extinguido o incendio, debido á gran cantidade de combustible.

 

Noticias web

04/07/2020