CRTVG

Buscar

A tradición e o recollemento marcan a Semana Santa en Mondoñedo

Publicado o 11/04/2019 17:33

A vila luguesa de Mondoñedo prepara xa a súa Semana Santa. Remóntase ao século XVI e caracterízase polo recollemento e a beleza patrimonial e natural dun percorrido que atravesa a parte histórica e a catedral, Patrimonio da Humanidade. A Semana Santa de Mondoñedo gaña protagonismo logo de ser declarada festa de Interese Turístico Galego. Contará con sete procesións e dous vía crucis, coa presenza dunhas 250 persoas e imaxes de gran beleza. Valentín Ínsua, da Orde Terceira de San Francisco, asegura que "temos unhas imaxes articuladas, todas do século XVII ou XVIII. O Cristo caendo da cruz, a Verónica lavándolle o rostro." Elena Candia, Alcaldesa de Mondoñedo, considera "esa singularidade de discurrir por un casco histórico declarado BIC, esa singularidade de poder escoitar o Plorans do mestre Pacheco, que só pode escoitarse en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid, un campaneiro."

Tamén na diocese de Mondoñedo se celebran dúas das semanas santas con maior sona en toda España, as de Ferrol e Viveiro, declaradas desde hai anos festas de Interese Turístico Internacional.

Noticias web

11/04/2019