CRTVG

Buscar

Semana Santa de chuvascos e inestabilidade

Publicado o 06/04/2020 15:50

Nesta Semana Santa atípica, sen actividade turística, a previsión do tempo di que a inestabilidade será a tónica durante os próximos días.

Iso é o que din desde Meteogalicia. Teremos unha Semana Santa cun tempo cambiante moi propio da primavera. Tanto hoxe como mañá serán dúas xornadas con ceos nubrados e chuvascos ocasionais. A situación vai empeorar a mediados da semana coa chegada dunha fronte que deixará chuvia xeneralizada en toda Galicia na noite do mércores ao xoves. As temperaturas serán suaves, pero o tempo seco e con sol non chegará ata o sábado. 

 

 

Noticias web

06/04/2020