CRTVG

Buscar

O confinamento converte a Semana Santa nas vacacións máis atípicas

Publicado o 09/04/2020 09:06

Ninguén imaxinaba unha operación saída de Semana Santa sen saídas, sen saídas e sen case coches na AP-9. Quen podía imaxinar rodas precintadas nuns avións que tampouco saen. Están parados en aeroportos tamén parados, con corredores así, inéditos pola súa imaxe, polo seu silencio e pola falta de maletas e ilusións viaxeiras nos seus mostradores.

Quen contaba con que os que soñan con destinos no Levante atoparían estas praias, baleiras. Estes bares de praia, pechados. Ninguén contaba. Tampouco os que quedamos aquí, as praias atlánticas tamén están despexadas, o areal de Samil sen rastro de humanidade. Certamente, difícil de imaxinar.

Acaso alguén puido imaxinar a praza do Obradoiro sen peregrinos? Se nolo contan non o creriamos. Pro malia que pareza que o mundo está parado, aquí unha imaxe que tomba esa teoría, natureza en estado puro.

A tranquilidade e a intimidade que trouxo o confinamento permitiulles a dous osos pandas do zoo de Hong Kong que, tras dez anos xuntos, se aparearan por primeira vez. Porén, semella que isto non lle está a pasar á raza humana. Acaban de dicirnos que á inmensa maioría o confinamento estalle a inhibir o desexo sexual.

Pero ante a falta de actividade benvida sexa a imaxinación. O mundo desde o interior non está reñido nin coa Semana Santa nin co humor. Se hai que facer unha procesión, faise.





 

Noticias web

09/04/2020