CRTVG

Buscar

Semana de tempo anticiclónico en toda Galicia

Publicado o 18/05/2020 14:21

A semana comeza con temperaturas de verán en toda Galicia. Desde os 30 graos de máxima previstos en Ourense e os 27 de Pontevedra, aos 26 de Ferrol e os 24 de Vigo. Algo máis fresquiño estará o ambiente na Coruña, onde non pasarán dos 21.

Así que os primeiros paseos do desconfinamento son tamén unha oportunidade para gozarmos plenamente do aire libre. Cabo do mar, no campo ou nunha terraza, pero con sentidiño.

A predición do tempo anuncia que esta situación anticiclónica se ha manter durante esta semana e que mesmo aínda subirán un chisco as temperaturas. E se os días son case de verán, os amenceres e as noitiñas devólvennos á primavera, con importantes variacións nos termómetros. Para mostra, a diferenza entre a mínima de 4 e a máxima de 26 marcadas para Lugo.

Noticias web

18/05/2020