CRTVG

Buscar

A Selección Española Sub-19, campioa de Europa

Publicado o 28/07/2019 16:49

España logrou o título tras impoñerse a Portugal na gran final por 2 goles a 0, goles do valencianista Ferran Torres. Outra xeración histórica do fútbol español...que apunta moi alto. Foron campión de Europa como Sub 17 e repiten título...dous anos despois.
Dominando o torneo de cabo a rabo a España de Santi Denia tampouco encontrou en Portugal un obstáculo insalvable. O técnico estaba moi emocionado por converter a un grupo de rapaces nunha familia competitiva con Ferrán Torres como gran líder ofensivo.

 "Fomos unha familia e iso sempre é un beneficio para o equipo".

Falaran no vestiario de mellorar as prestacións do xogador de banda contraria e foi chegar e encher. Aos seus minutos do reinicio Torres completa o dobrete con outra homenaxe a Soldado.

" Tiña que participar máis o xogador de banda contraria e saiú ben".

Biai case lle da o terceiro a España, pero logo tivo un par de intervencións de certo mérito. rematou o Europeo de Armenia, a oitava da sub 19 xa está no peto.

Noticias web

28/07/2019

Máis sobre Deportes