CRTVG

Buscar

Seis mortos e case 200.000 evacuados por múltiples incendios en California

Publicado o 21/08/2020 21:02

Seis persoas faleceron esta semana e case 200.000 permanecen evacuadas por mor dos múltiples incendios activos no estado de California iniciados a fin de semana pasada polos miles de raios que caeron durante unha tormenta. Aínda que os lumes están dispersos por todo o estado, os máis violentos concéntranse na zona norte, en torno á área da baía de San Francisco, onde nas últimas horas faleceron catro das seis persoas, tres delas no condado vinícola de Napa e unha no de Solano.

Ao sur de San Francisco, nos condados de San Mateo e Santa Cruz, 64.600 persoas foron forzadas a evacuar as súas casas a madrugada deste venres a causa do avance das lapas, informou o Departamento de Silvicultura e Protección contra Incendios do estado. 
 

Noticias web

21/08/2020