CRTVG

Buscar

Seis mortos e 16 feridos no accidente ferroviario en Dinamarca

Publicado o 02/01/2019 18:34

Seis persoas faleceron nun accidente ferroviario en Dinamarca, na ponte do estreito do Gran Belt, deixando tamén 16 feridos.

Un forte temporal fixo que se desprendese parte do teito dun tren de mercancías que supostamente bateu contra outro tren de pasaxeiros que circulaba en dirección contraria e que tivo que frenar bruscamente. Xa hai aberta unha investigación para coñecer exactamente que foi o que pasou. Desde ese momento, o tráfico quedou paralizado nesta ponte, unha das principais vías de comunicación do país.

Noticias web

02/01/2019