CRTVG

Buscar

Seis hospitalizados e vinte e cinco illados en Haro, a vila que acumula o 82% dos casos de coronavirus na Rioxa

Publicado o 07/03/2020 21:28

Sara Alba, a conselleira de Saúde da Rioxa, di que o 82% destes 39 casos están concentrados e teñen a súa orixe nunha mesma concentración, que pertencen ao mesmo foco e que están identificados.

Fala a conselleira de Saúde da Rioxa, custodiada en rolda de prensa pola delegada do Goberno español, dun funeral que se produciu en Euskadi, en Vitoria, na provincia de Áraba hai dúas semanas. Daquel funeral cheo de apertas de mans, de bicos e abrazos saíron, e xa están confirmados, 31 contaxios por coronavirus do total de 39 na Rioxa, nas localidadesde de Haro e Casalarreina. Seis persoas están hospitalizadas e 25 illadas e atendidas no seu domicilio. Para controlar esta situación epidémica en Haro hai dúas medidas fundamentais, o acceso restrinxido aos centros de saúde e o illamento domiciliario obrigatorio dos casos xa detectados, illamento vixiado na rúa pola policía

María Marrodán, a delegada do Goberno na Rioxa, conta que a función principal das forzas de seguridade do Estado é asegurar o cumprimento destas medidas, porque esta é a única forma de que a situación epidemiolóxica evolucione dun xeito adecuado. Engade que o incumprimento deste deber de obediencia pode implicar sancións administrativas de importancia, desde os 3.000 aos 600.00 euros.

Fala a delegada do Goberno dun reforzo no control, que eses 25 enfermos que estiveran naquel funeral non saian da casa. Pero isto non quere dicir que existan barrios en Haro cercados ou en corentena.

Coma no resto do estado español estamos nunha fase de contención da transmisión do coronavirus. Quedan suspendidos todos os congresos sanitarios e as prácticas de profesionais da sanidade e no hospital de San Pedro restrinxen as visitas a enfermos.


 

Noticias web

07/03/2020