CRTVG

Buscar

Os veciños evitan unha okupación en Teis

Publicado o 10/09/2020 10:44

Varios veciños recibiron golpes no barrio das Flores, en Teis, por parte do clan que pretendía ocupar a vivenda, pensaron que era o propietario e foi un dos que recibía a malleira. Tamén produciron estragos na súa casa, lindeira coa ocupada.

A muller e as dúas nenas pediron tempo para recoller as cousas, pero, en vez de facelo, pediron reforzos a outros membros da familia, que volveron con paus e bastóns e comezaron a bater nos veciños, nos inmobles e mesmo nunha furgoneta.

Cinco veciños resultaron feridos e precisaron atención médica. A actuación veciñal impediu que a casa quedase ocupada. Varias dotacións da Policía Local e Nacional acudiron ao lugar e identificaron tres agresores. Dáse a circunstancia de que outros membros da familia ocupante residen desde hai anos no barrio e nunca ocasionaron problemas.

Noticias web

10/09/2020