CRTVG

Buscar

Deteñen seis persoas en Lugo nunha operación policial contra o tráfico de drogas

Publicado o 11/09/2020 14:42

A Policía Nacional conseguiu desmantelar dous puntos de venda de droga na cidade de Lugo. Na operación foron detidas seis persoas acusadas de tráfico de substancias estupefacientes.

Trátase dous narcopisos nos barrios de Lamas de Prado e Fonte dos Ranchos en que os compradores consumían a droga para evitar a posibilidade de ser interceptados na rúa portando as sustancias prohibidas.

A policía calcula que nestes dous puntos de venda se estaban distribuíndo unhas mil doses ao mes.

Noticias web

11/09/2020