CRTVG

Buscar

Seis asociacións de venda ambulante piden a reapertura de todas as feiras

Publicado o 11/09/2020 21:24

Aseguran que nas feiras de Pontevedra, Tui, Pontecaldelas, Redondela, Marín, Sanxenxo, Rianxo, Xinzo, Ourense ou Ribadavia estanse a facer as cousas ben. Pero denuncian que non é o habitual na maioría dos concellos. Piden o mesmo trato ca o mercado local estable e a reapertura das feiras que pecharon co estado de alarma e non se volveron celebrar.

As seis asociacións galegas de venda ambulante aseguran estar a vivir un momento tráxico. Por iso, tamén lle reclaman axudas ao resto das administracións. O sector calcula unha perdas por mor da pandemia superiores ao 70 por cento.

Noticias web

11/09/2020