CRTVG

Buscar

Seis anos e oito meses de prisión por atacar cun coitelo a súa muller e tentar cortarlle as orellas

Publicado o 08/10/2020 11:26

Seis anos e oito meses de cadea é a condena imposta a un veciño do Carballiño por atacar cun coitelo a súa muller coa intención de cortarlle as orellas.

A Audiencia Provincial de Ourense considérao culpable dun delito de lesións e doutro de maltrato psíquico habitual pero non de intento de homicidio. Consideran os maxistrados que o condenado non buscaba a morte da súa muller.

Os feitos aconteceron hai dous anos. O condenado abordara a vítima coa que estaba en trámites de separación nun cuarto da empresa en que ambos os dous traballaban. Golpeouna, tirouna ao chan e cun coitelo na man díxolle que lle ía cortar as orellas por unha suposta infidelidade. A muller sufriu importantes cortes cando tentou defenderse coas mans.

Noticias web

08/10/2020