CRTVG

Buscar

Seis alumnos, premiados polas súas declaracións de amor en galego

Publicado o 24/08/2020 18:14
Seis alumnos, premiados polas súas declaracións de amor en galego

A Xunta de Galicia entregou este luns os premios correspondentes ao certame Lingua de Namorar co que o Goberno galego procura "dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos nas súas relacións persoais e en Internet".

Os seis autores das mellores mensaxes de declaracións de amor en galego na rede recibiron hoxe o seu premio nun acto celebrado no Pazo de San Roque, despois de que o xurado ditaminara os gañadores o pasado mes de maio.

Na primeira categoría de idade, de 14 a 19 anos:

• 1º premio: Retórica, de Nee Barros (Marín)

• 2º premio: Primavera, de Ana Loureiro (Caldas de Reis)

• 3º premio: Ao altar, de María Femenías (Foz)

Na categoría de 20 a 35 anos foron galardoados:

• 1º premio: Ataraxia, de Leticia Cid (San Cibrao das Viñas)

• 2º premio: Un vinilo dos Dire Straits, de Denís Vicente (A Guarda) 

• 3º premio: Fuxitivas, de Silvia Pérez (A Guarda)

Na entrega de premios participaron a directora xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Participaron no xurado, presidido pola escritora Rosalía Morlán, Hugo Lozano e Nerea Pallares, gañadores dos I premios Xuventude Crea 2019 nas categorías de Poesía e Relato Breve, respectivamente; Alicia Padín, representante da Rede de Dinamización Lingüística; Nancy Domínguez, en representación da Rede Galega de Información Xuvenil; Ángela Fernández, en representación da Consellería de Política Social, e Beatriz Corral, como representante da Consellería de Cultura e Turismo.