CRTVG

Buscar

Seguridade Nacional advertiu dun incremento de contaxios e mortes o 7 de marzo

Publicado o 06/10/2020 14:59
Seguridade Nacional advertiu dun incremento de contaxios e mortes o 7 de marzo

Volven transcender informes do Departamento de Seguridade Nacional advertindo o Goberno da gravidade do coronavirus antes do estado de alarma.

Hoxe o xornal El Mundo revela que este organismo, dependente da Presidencia, xa alertara o 7 de marzo de que se estaba desbordando a epidemia. E poñía o foco en Madrid, onde ao día seguinte se celebraba a marcha principal do 8-M. O informe mostraba preocupación porque nesas horas previas estaban medrando os contaxios e as mortes.

Noticias web

06/10/2020