CRTVG

Buscar

Segundo triplo seguido para En-Nesyri

Publicado o 23/01/2021 21:23

Sevilla F. C. 3 Cádiz C. F. 0
En Nesyri estase acostumando a levar o balón, a marcar de a tres na casa. Ante o Cádiz anotou un hat trick por segundo partido consecutivo no Pizjuán. O primeiro, no 35 ao cazar o rexeitamento no pau dun disparo de Suso.
O segundo pouco despois, no 39, ao rematar coa testa unha falta lateral sacada por Suso. Todos os balóns pasan por el e el remátaos todos.
O terceiro chegou no segundo tempo. Outra vez ben colocado para enganchar unha cacholada ao mal remate da defensa gaditana. O Cádiz, que o estaba facendo ben fóra da casa, non tivo opcións ante En Nesyri.
E marcou un cuarto ao superar a Ledesma no man a man pero había fóra de xogo. Por centímetros pero fóra de xogo, anulado. 36 puntos suma o Sevilla, firme candidato aos postos de Champions.

Noticias web

23/01/2021

Máis sobre actualidade