CRTVG

Buscar

Segundo día desta primeira grande operación saída do verán

Publicado o 29/06/2019 14:57

Sen incidencias salientables nunha fin de semana marcada polos numerosos desprazamentos. Moitos comezan as vacacións e súmanse aos que se desprazan por ser fin de semana.

En Galicia esta fin de semana haberá algo máis de medio millón de vehículos en movemento, un 34 por cento máis ca o ano pasado. Para todo o verán a previsión é de nove millóns de desprazamentos. Para controlalos haberá 300 axentes máis, 20 radares novos, helicópetros, drons e cámaras de alta definición.

Haberá controis de velocidade, alcol e drogas, con especial atención aos traxectos curtos, os que máis perigo supoñen. Tamén haberá unha vixilancia especial aos colectivos máis vulnerables como ciclistas e motoristas. Todo para concienciar e reducir o número de vítimas nas estradas. Esta mañá estivemos nunha campaña de Stop Accidentes.

 

 

Noticias web

29/06/2019