CRTVG

Buscar

Segunda xornada do cribado masivo en Ourense

Publicado o 24/01/2021 14:45

A día de hoxe, preto de 900 persoas están contaxiadas de covid na cidade de Ourense. Segundo apuntan as estatísticas entre o cinco e o sete por cento acabarán hospitalizadas e arredor do un por cento precisarán coidados intensivos.

As cifras son teimudas e o caso é que aquí non paran de medrar e todo apunta a que esa seguirá sendo a tendencia nos vindeiros días. Neste cribado masivo andan na procura de asintomáticos, algo fundamental para frear o avance do virus.

Onte acudiron aquí o sesenta por cento das persoas citadas. A afluencia baixou especialmente pola tarde entre os menores de corenta anos. Hoxe convocaron outras catro mil persoas.

Con 820 casos por cada cen mil habitantes a cidade de Ourense está a día de hoxe a cabeza da incidencia a catorce días entre todas as cidades galegas.

Noticias web

24/01/2021