CRTVG

Buscar

A pesar do anuncio de reapertura, seguen pechados os despachos de billetes de tren

Publicado o 16/01/2020 15:21

Portas pechadas e sen venda directa de billetes. Malia que Adif recuou e de xeito provisional anunciou a reapertura do servizo, na práctica a imaxe é esta e na maioría das estacións galegas afectadas o despacho de billetes segue pechado.

Un cartel anuncia como sacar o billete, pero non é sinxelo, sobre todo para as persoas maiores. Nalgunhas estacións hai máquinas de venda, pero noutras aínda non as instalaron ou están fóra de servizo.

Dende Adif sinalan que a consigna se lanzou onte e que e que a venda presencial se irá recuperando nos vindeiros días en función da dispoñibilidade do persoal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020