CRTVG

Buscar

Seguen con mínimas de ata -20º en zonas de Aragón e Castela-A Mancha

Publicado o 13/01/2021 15:10

Amais de Madrid, hai outras once comunidades que aínda se manteñen en distintos niveis de alerta por baixas temperaturas. O frío polar vai remitindo, pero moi pouco a pouco.

Seguen lidando con temperaturas insólitas, sobre todo, en certas zonas do sur de Aragón e o noroeste de Castela-A Mancha. En lugares de Teruel, Cuenca ou Guadalaxara, a AEMET mantén niveis de aviso vermello a certas horas, porque, aínda que coa forza do sol parece que a vida se normaliza, en canto chega a noite, con valores de ata 20 graos baixo cero, a situación volve ser crítica, sobre todo polo xeo.

En Guadalaxara, a Garda Civil tivo que facer varios rescates en helicóptero nas últimas horas para auxiliar persoas que quedaran illadas nas súas casas. As previsións son que mañá se manteña a mesma tónica de hoxe e que as temperaturas empecen a suavizarse progresivamente a partir do venres.

Noticias web

13/01/2021