CRTVG

Buscar

Seguen baixando os casos en Lugo pero soben nas áreas da Coruña e de Vigo

Publicado o 15/07/2020 11:43

O último informe do Sergas constata que seguen baixando os casos activos en Galicia (-7), sobre todo polo descenso na provincia de Lugo (-12). Con todo, hai subidas de infectados na área da Coruña (+3) e de Vigo (+2). No resto de Galicia non hai variación no número de casos.

Tampouco hai cambios nas hospitalizacións (1 persoa na UCI e outras 6 en planta). A Consellería de Sanidade dá por curadas outras 14 persoas máis. 10.979 galegos xa superaron o coronavirus.