CRTVG

Buscar

Seguen as protestas en Chile malia os cambios no Goberno

Publicado o 29/10/2019 20:30

Día de resaca en Chile tras os disturbios que se produciron onte tras as marchas en protesta contra o Goberno. Os intentos de chegar ao Palacio da Moeda, sede da presidencia do país, acabou en enfrontamentos coas forzas de seguridade. Os carabineiros reprimiron os manifestantes a uns 200 metros do Palacio. Amais, preto de alí, ardeu un centro comercial onde se produciran saqueos. As protestas das últimas semans deixan un balance e 20 mortos.

Noticias web

29/10/2019