CRTVG

Buscar

Seguen as probas para a vacina española: o ensaio en humanos ten 10 grupo diferentes

Publicado o 15/09/2020 15:43

Seguen as probas do primeiro ensaio clínico en humanos que se realiza en España para lograr unha vacina contra o coronavirus. Dous hospitais de Madrid súmanse ao Marqués de Valdecilla de Santander e están a realizar xa as análises a 150 voluntarios máis.

150 voluntarios incorporábanse en dous hospitais madrileños ao primeiro ensaio clínico en humanos que se realiza en España para lograr unha vacina contra a Covid-19. Un proxecto en que participan tamén hospitais de Alemaña e Holanda, con dous grupos de idade, de 18 a 55 anos e maiores de 65.

Unha vez administrada a dose terán que seguir unha serie de pautas na súa vida cotiá e van ser sometidos a un seguimento periódico por parte dos médicos.

O proxecto vai ter unha duración de entre 14 e 16 meses, pero calcúlase que xa pode haber resultados preliminares nun prazo de catro meses.

Noticias web

15/09/2020