CRTVG

Buscar

Seguen as diferenzas no Goberno pola suba do salario mínimo

Publicado o 21/12/2020 21:17

Goberno e axentes sociais volven negociar o salario mínimo do ano que vén. Antes da reunión a ministra de Traballo insistía en que hai que subilo e engadía que vía "preocupante" que as empresas non poidan soportar unha suba de 9 euros ao mes.

Pero non todo o Goberno apoia o incremento do salarío mínimo en plena pandemia. Esta vez foi Ábalos o que, na mesma liña doutros ministros socialistas, abría a porta a atrasar a suba.

"Cremos que a situación económica esixe ser prudente nalgunhas decisións pero non significa non renunciar a nada. Podemos tomar a decisión de subir o salario mínimo en xaneiro ou en xuño", di José Luis Ábalos, ministro de Transportes.

Noticias web

21/12/2020