CRTVG

Buscar

Seguen a medrar os contaxios en Ourense a pesar das restricións

Publicado o 05/10/2020 15:04

Terrazas practicamente baleiras e rúas con xente, pero sen grupos. Restricións que non todo o mundo cumpre. A Policía Nacional presentou 20 propostas de sanción durante a fin de semana por incumprimento das medidas sanitarias. Ademais a Policía Local denunciou tres reunións de persoas non conviventes en domilicios.

Unha realidade que levou concellos límitres como o de Barbadás a pedir responsabilidade ante a afluencia de visitantes procedentes de Ourense. "Houbo moita afluencia de xente, entre o sábado e o domingo, de fóra da Valenzá, que non é habitual de todos os días", coméntanos Emilio Chicote, dono dun restaurante en Barbadás.

Piden responsabiliade para intentar conter os contaxios. 117 casos novos rexistráronse nas últimas 24 horas na área de Ourense, fundamentalmente na cidade onde os casos activos chegan xa aos 475.

A responsable de Medicina Preventiva do CHUO, María Sande, destaca que se tarda entre 5 e 7 días en notar os efectos das restricións. É a área santaria con máis casos, 1.037 neste intre e máis ingresados, 73 persoas, 7 delas na UCI.

Noticias web

05/10/2020