CRTVG

Buscar

Seguen a medrar os casos positivos en Ourense, especialmente no Couto

Publicado o 28/09/2020 14:15

Así atopabamos hoxe este salón de peiteado no barrio no Couto.

A clientela reduciuse considerablemente dende que se estableceron medidas máis restritivas o pasado xoves.

Esta zona segue a concentrar a maior parte dos novos positivos. Nas últimas horas os casos activos medraron en 15.

A maior parte, pequenos gromos familiares e sociais, segundo o xerente da área sanitaria de Ourense, Félix Rubial.

Preocupante tamén pola idade da poboación, que fai que moitos dos casos precisen hospitalización. Nas últimas horas medraron ata chegar aos 59, 5 deles na UCI. O pasado xoves estendíanse as medidas restritivas, limitando as reunións a 5 persoas e prohibindo atender no interior do bares.

Ademais, tamén se están a levar a cabo cribados aleatorios para localizar asintomáticos.

Inciden na importancia de non baixar a garda nas reunións familiares e de amigos. En Ourense hai neste intre 743 casos activos.

Noticias web

28/09/2020