CRTVG

Buscar

Sen acordo tras 28 horas de negociación entre a dirección e os traballadores de Alcoa

Publicado o 05/08/2020 21:31

Foi unha noite longa, sen descanso... 28 horas de negociación e segue sen haber acordo. Alcoa non muda de postura e insiste no apagado das cubas e os despedimentos para iniciar un proceso de venda.

"Suavizamos un pouco para ver se somos capaces de abrir ese proceso e intentar que se poda vender a Liberty House, pero nin asi acepta. Calquera cousa ten que pasar por ter por escrito un ERE ou un ERTE, e iso non serve, ter por escrito que se paran as cubas, non serve, e non aseguran os postos de traballo dos contratistas tampouco nos serve", asegura José Antonio Zan, presidente do comite de empresa.

Os sindicatos poderían optar pola via xudicial porque entenden que a compañía actua de mala fe e se esta a cometer fraude de lei. Piden a intervención urxente do Goberno e da autoridade laboral.

"Unha ministra di que non se poden parar as cubas pero aqui estamos sós, hai moitos requirimentos, pero aquí estamos sós, alguén terá que vir e poñer os puntos sobre os is, porque xa está ben", engadiu Zan.

Se se asina a acta de desacordo, a empresa podería iniciar o despedimentos dos máis de 500 traballadores da planta de aluminio tras un período de 15 días.

Noticias web

05/08/2020