CRTVG

Buscar

Segue o duelo goleador entre Lewandowski e Haaland na Bundesliga

Publicado o 21/06/2020 10:03

Co título decidido na Bundesliga, Lewandowski e Haaland seguen a marcar goles para o Bayern e o Dortmund respectivamente. 

O polaco leva 33 goles (un por partido) co dobrete anotado diante do Friburgo.

O noruegués tamén marcou dous no campo do Leipzig co que o Dortmund garantiu a segunda praza.

No regreso da Serie A despois do confinamento o Hellas Verona gañoulle por 2-1 ao Cagliari con dobrete de Di Carmine. O fillo de Simeone marcou para os illeiros. 

Noticias web

21/06/2020