CRTVG

Buscar

Segue desaparecido, dende xaneiro, o loteiro de Lugo que fuxiu con 124.000 euros

Publicado o 07/07/2019 12:42

En Lugo seguen buscando un loteiro, desaparecido dende xaneiro, cando se deu á fuga con 124.000 euros da recadación de apostas e lotarías do Estado. O vendedor de lotaría non aboara os ingresos dende a última semana de 2018, incluíndo as últimas vendas do sorteo extraordinario de Nadal e do sorteo do Neno. A denuncia foi presentada na Policía polas dúas empregadas da administración, situada nun centro comercial da cidade. A familia asegurou entón que non ten noticias del.

Noticias web

07/07/2019