Segue aumentando a listaxe de países en que España está marcada como zona de risco
Publicado o 31/07/2020 16:24
Segue aumentando a listaxe de países que poñen restricións aos viaxeiros procedentes de España. Os últimos en sumarse, Alemaña e Eslovenia.
As autoridades alemás inclúen dende hoxe Cataluña, Aragón e Navarra como zonas de risco, mentres que Eslovenia amplía estas restricións tamén a Valencia e o País Vasco e impón un illamento de 14 días aos viaxeiros procedentes destas rexións.
Con estes xa son 30 os países que establecen corentena e máis de 100 os que poñen algún tipo de veto a viaxeiros procedentes de España.
Máis sobre actualidade
14/04/2021 21:44