CRTVG

Buscar

Segue a investigación en Viveiro para dar co paradoiro de Alejandro Meitín

Publicado o 28/12/2019 12:51

En Viveiro, seguen as investigacións para dar co paradoiro de Alejandro Meitín, o mozo que desapareceu despois dunha cea de empresa. O caso deu un xiro despois de que onte localizaran o seu coche preto do peirao deportivo da cidade do Landro. Os axentes da Policía Nacional que levan o caso traballan coa hipótese de que o vehículo caese á auga noutro lugar e despois fora arrastrado polas correntes ata o porto. Os mergulladores inspeccionaron o coche e as súas proximidades antes de sacalo a terra, pero dentro non había ninguén.

Noticias web

28/12/2019